Onte a tarde, desfrutamos dun día de xogos tradicionais galegos. Primeiro subimos a lareira a contar unha historia, e alí descubrimos o segredo que gardaban "os duendes" e "os menciñeiros", e que non podemos contar. Despois baixamos todos, incluídos "os urcos" e "os lemmings", e mesturados cos máis pequenos estivemos xogando á rá, ás chapas, á petanca, aos bolos e á mariola. Tivemos unha tarde moi divertida cós xogos dos nosos pais e avós.